Inicio Listado novas Axudas a entida...

Axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal

Axudas e subvencións

ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021 (código de procedemento MT975I).

Destinatarios: Poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos, que cumpran coas seguintes condicións:
a) No caso de entidades locais que presenten solicitude de forma individual, non superar os 3.000 habitantes segundo o último censo de poboación publicado (2020).
b) No caso de solicitudes de agrupacións de entidades locais, o número de entidades locais que non superen os 3.000 habitantes terá que ser maior que o número de entidades locais que superen os 3.000 habitantes, segundo o último censo de poboación publicado (2020).
 
Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal (código de procedemento MT975I) á vez que se fai publica a súa convocatoria para o ano 2021. 2. Resultarán subvencionables as actuacións destinadas a favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos, a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na Comunidade Autónoma, para a xestión de residuos especiais de competencia municipal.
 
Convoca: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
 
Prazo:Un (1) mes contado desde ou día seguinte ao dá publicación desta resolución non DOG.