Inicio Listado novas "Hora do Planet...

"Hora do Planeta 2020": sal ao balcón, apaga a luz, todo irá ben

Hora do Planeta

A tradicional campaña “A Hora do Planeta”, promovida por WWF e coa que se pretende mobilizar e unir a todo o planeta para loitar contra o cambio climático, cambia este ano o seu formato debido á crise sanitaria orixinada polo COVID. Baixo o lema «Apaga a luz, todo irá ben», terá lugar o próximo sábado, 28 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas, e proponnos usar lanternas e móbiles para lanzar, en código morse (linguaxe universal), e desde xanelas e balcóns, esta mensaxe de esperanza que tanto se necesita nestes duros momentos. Será unha forma de encher os fogares nosos pobos e cidades de millieros de escintileos para lembrar que,e esteamos onde esteamos, nesta ocasión e desde a casa (# QuédateEnCasa), todas as persoas seguimos conectadas e concienciadas da necesidade de coidar do planeta para coidar tamén do ser humano.


Ligazón