Inicio Listado novas 11 de decembro ...

11 de decembro de 2019 DÍA INTENACIONAL DAS MONTAÑAS

Día Internacional

As montañas son importantes para os mozos, tema de 2019. Este día internacional recalcará as dificultades que afrontan os mozos que viven na montaña e o seu único final posible: a emigración, a cal carrexa á súa vez o abandono da agricultura, a degradación do chan e a perda de valores e tradicións culturais. A educación e a formación, o acceso a emprego e mellores servizos públicos poderían garantirlles un futuro mellor. Así, neste 2019, eles serán as voces que loiten para facer que as montañas e as súas xentes estean máis presentes en axendas sustentables, investimentos e investigacións.

Ligazón