Inicio Listado novas Procedemento de...

Procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do plan: Modificación puntual do Plan parcial para desenvolvemento do SU-7 Foxos-Noalla

Avaliación ambiental estratéxica

Está a súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do Plan parcial para desenvolvemento do SU-7 Foxos-Noalla. Promotores: Promociones y Gestiones del Tambre, S.L.; Aries Real, S.L. Órgano substantivo: Concello de Sanxenxo. Expediente: 2019AAE2373. Código web: 2264/2019. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.

O prazo para esta consulta está aberto dende o día 30/10/2019 ata o día 30/12/2019 na seguinte ligazón