Inicio Listado novas Información púb...

Información pública para a revisión da autorización ambiental integrada Titular: Financiera Maderera, S.A. (expediente 2018-IPPC-M-121)

Autorización ambiental integrada

ANUNCIO do 20 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira e derivados de Rábade e Begonte (Lugo). Titular: Financiera Maderera, S.A. (expediente 2018-IPPC-M-121).

Sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada por Financiera Maderera, S.A. para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira e derivados que se localiza en Rábade e Begonte (Lugo), para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Poderase acceder a esta documentación nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

DOG Núm.152, Luns, 12 de agosto de 2019, Páx. 36575