Inicio Listado novas Autorización am...

Autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a planta de elaboración, preparados de produtos do mar que Pescanova España, S.L.U.

Autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental

ANUNCIO do 8 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a planta de elaboración, preparados de produtos do mar que Pescanova España, S.L.U. posúe no concello de Arteixo, provincia da Coruña (expediente 2019-IPPC-I-21).

Faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

• «Proxecto básico de solicitude da autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental en industria de produtos do mar».

• Promotora: Pescanova España, S.L.U.

• Localización: avenida da Ponte, parcela 13, Polígono Industrial de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña)».

Para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará a disposición dos administrados:

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

(http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

DOG Núm 148, Martes, 6 de agosto de 2019, Páx. 35894