Inicio Listado novas Se someten a in...

Se someten a información pública as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

Información pública

ANUNCIO do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se someten a información pública as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

Sométense a información pública as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, e presentar ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou a través do correo electrónico sxurb@xunta.gal, as alegacións, observacións e xustificacións que se consideren pertinentes.

Asemade, poden consultarse as normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia a través da seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Territorio_e_urbanismo_Planeamento_urbanistico?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html