Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Plan: Modificación puntual núm.17 do PXOM de Oleiros. Sector SUD-1 “Cividás”. Promotor: Concello de Oleiros. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas). Expediente: 2024AAE2925.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 16.9.2024 ata o día 28.10.2024 na seguinte LIGAZÓN