Inicio Listado novas Apertura do per...

Apertura do período de información pública do documento titulado Proposta de plan especial de seca da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e do documento ambiental estratéxico.

Información pública

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2021 pola que se anuncia a apertura do período de información pública do documento titulado Proposta de plan especial de seca da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e do documento ambiental estratéxico.

Someter a información pública a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e durante un prazo de tres (3) meses a Proposta de plan especial de seca da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e o documento ambiental estratéxico.

O documento do plan especial de seca, que consta de memoria e anexos, e o documento ambiental estratéxico poderán consultarse na páxina web oficial de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal/) durante un período de tres (3) meses.

DOG Núm. 194, Xoves, 7 de outubro de 2021, Páx. 49083