Inicio Listado novas Consulta Públic...

Consulta Pública para a elaboración da Folla de Roteiro para a xestión sustentable das materias primas minerais

Información Pública

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ( MITECO) abriu o prazo de consulta pública previa da Folla de Roteiro para a xestión sustentable de Materias Primas Minerais, que permitirá garantir a subministración dos recursos minerais autóctonos de maneira máis sustentable, eficiente e maximizando os beneficios ao longo da cadea de valor. O obxectivo desta consulta é solicitar a opinión das persoas e entidades interesadas sobre a identificación de prioridades e recursos necesarios, así como os principais retos para a xestión sustentable das materias primas minerais e as posibles medidas para superalos.

Prazo para presentar alegacións desde o luns, 26 de outubro de 2020 ata o xoves, 26 de novembro de 2020.

As alegacións poderán remitirse á dirección de correo: bzn-mmppminerales@miteco.es

Ligazón