Inicio Listado novas Autorización am...

Autorización ambiental integrada para a fábrica de produción de pensos de Nutrimentos Deza, S.A

Autorización ambiental integrada

ANUNCIO do 2 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a fábrica de produción de pensos de Nutrimentos Deza, S.A., no concello de Silleda, provincia de Pontevedra (expediente 2020-IPPC-I-9).

Faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Nutrimentos Deza, S.A. Xuño de 2020 (quinta revisión)».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/ medioambiente e sostibilidade, prevención e control de actividades, autorización ambiental integrada, proxectos en información pública).

DOG Núm. 150 Martes, 28 de xullo de 2020 Páx. 29794