Inicio Listado novas Revisión da AAI...

Revisión da AAI outorgada a Avicultura e Granxas Sarreaus, S.L. para a explotación avícola de polos de engorda situada no lugar de Cortegada, concello de Sarreaus, Ourense

Autorización ambiental integrada

ANUNCIO do 15 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Avicultura e Granxas Sarreaus, S.L. para a explotación avícola de polos de engorda situada no lugar de Cortegada, concello de Sarreaus, Ourense (expediente 2019-IPPC-M-149).

Sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Documento para información pública. Ampliación e revisión», para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

(http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

DOG Núm. 148 Venres, 24 de xullo de 2020 Páx. 29398